Saturday 04 de May de 2024

O Concello e o Colexio de Enxeñeiros Industriais colaborarán en proxectos de eficiencia enerxética


O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, reuniuse con representantes da entidade para analizaren a súa participación na Mesa pola Mobilidade Urbana Sostible

O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, visitou onte a sede do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia. A visita enmárcase na rolda de contactos que manteñen os responsables da concellería cos colexios de profesionais da cidade co fin de establecer liñas de cooperación para o desenvolvemento do Plan de mobilidade urbana sostible que ten previsto levar a cabo o Concello.

O encontro serviu para analizaren a súa participación na Mesa pola Mobilidade e a colaboración en proxectos en que o Colexio conta con contrastada experiencia, e que son relevantes para a cidade como a aplicación das novas tecnoloxías ás solucións urbanas e a eficiencia enerxética.

No encontro estiveron presentes o decano do Colexio, Oriol Sarmiento, a delegada do Colexio na Coruña, Zaida Ferreiro, e a directora da área de Urbanismo do Concello, Elvira Quintairos.